Concello de

Narón

Ten variadas rutas turísticas que percorren o termo municipal e que descobren fermosos recantos.

Scroll

O Concello de Narón é a oitava cidade de Galicia cunha poboación de preto de 40.000 habitantes. Os veciños distribúense entre os seis barrios que compoñen o centro urbano e as sete parroquias da zona rural. Situado na Terra de Trasancos coruñesa, o Concello de Narón conta cunha amplia rede de aloxamentos e de servicios comerciais e de hostalería que arroupan aos camiñantes. O fito do quilómetro 100 atópase en Narón no paseo marítimo de Xuvia, un elemento singular de referencia para iniciar o Camiño e así acadar a Compostela..

As persoas que visiten este concello, poderán gozar de variadas rutas turísticas que percorren o termo municipal e que descobren fermosos recantos como o mosteiro de San Martiño de Xuvia no Couto.

Ademais da súa beleza paisaxística, temos que salientar a riqueza das festas e tradicións que durante todo o ano se desenvolven en Narón, e que veñen enriquecidas polo feito de contar cunha historia de seu que medra día a día.

Mapa

Como chegar a Narón

Concello de Narón:

Turismo de Narón:

  • Turismo.naron.es