Concello de

Neda

Concello situado no fondo da ría de Ferrol, con gran renome na época medieval e tamén polo seu porto comercial e estaleiro.

Scroll

Neda é un pequeno municipio da Coruña, situado no fondo da ría de Ferrol, que se estende desde a ribeira da ría e seguindo polos vales dos ríos Belelle, Xuvia e Castro, ata que vai ascendendo aos montes Ancos, Marraxón e Louseira. Aínda que aparece citada por primeira vez en documentos do século X (‘Nida’ nun texto do ano 936), conserva restos megalíticos e castrexos, o que é indicativo da importancia desta zona dende a antigüidade. A súa capital, San Nicolás, mantén formas medievais e conserva edificacións dos séculos XVII e XVIII. Podemos afirmar que na Idade Media Neda era unha vila importante, na que residían notables familias, algunhas enterradas na igrexa parroquial.

Durante aqueles anos Neda foi coñecida polo seu porto comercial e o seu asteleiro, no que foi construído o barco que participou na reconquista de Alxeciras en 1344, o que fixo que o rei Alfonso XI concedese a Neda os foros que favoreceron a súa economía.

Se nos referimos ao patrimonio natural, temos que citar ao río Belelle, un dos seus eixos de desenvolvemento no pasado. Nas súas beiras tivo lugar a evolución da sociedade da vila, e as súas primeiras industrias forxáronse grazas ás súas augas. Situada no lugar de O Roxal, a Fervenza do río Belelle é unha das máis espectaculares e fermosas de Galicia. Trátase dun salto duns 45 metros que obtén as súas augas do río Belelle. Na base da fervenza hai pozas naturais. Como case todos os ríos galegos, ten caudal todo o ano, pero no inverno e outono aumenta considerablemente, sendo esta a mellor época para admirala.

Mapa

Como chegar a Neda

Concello de Neda:

Turismo de Neda:

Estación de ferrocarril:

  • Avenida Castelao, s/n.