Concello de

Pontedeume

Concello de gran riqueza histórica, etnográfica e paisaxística, é un lugar de paso obrigado entre as rías de Ferrol e A Coruña.

Scroll

Pontedeume é o topónimo que define á comunidade humana e territorial dun concello costeiro situado no fondo da ría de Ares, cara a desembocadura do estuario do río Eume e que sube pola saia do monte Breamo (305 m). Compóñeno as parroquias de Santiago de Pontedeume, San Martiño de Andrade, Santiago de Boebre, Santa María de Centroña, San Cosme de Nogueirosa, Santa María de Ombre e San Pedro de Vilar. Aúna espazos naturais singulares, arte e historia, nunha proporción e calidade que nunca deixan a ninguén indiferente. Lugar de paso obrigado entre as rías de Ferrol e A Coruña, dita excelencia foi contada e cantada por moitos viaxeiros que quedaron abraiados ante a súa ponte, a súa arquitectura relixiosa e civil ligada aos Andrade, ou a súa paisaxe, calificada polo Licenciado Molina na súa “Descripción ilustrada del Reino de Galicia” como verxel da rexión galega.

A historia da comarca, entre os ríos Belelle e Lambre, ensínanos que nestes pobos xa existen vestixios de organización social desde a época megalítica (anos 3000-2000 a. C.). Máis de 118 mámoas rexístranse no veciño Monfero.

Da cultura castrexa (anos 600 a. C.) tamén quedaron pegadas significativas en forma de pezas escultóricas ou de orfebrería metálica: Cuadrifaces ou torques de Centroña e de San Martiño do Porto. O mesmo ocorre cos exemplos da romanización: o ronsel de San Pedro de Grandal e as vilas de Noville e Centroña que certifican a existencia de formas de vida e técnicas de explotación agraria romanas.

Mapa

Como chegar a Pontedeume

Concello de Pontedeume:

Turismo de Pontedeume:

Estación de Autobuses:

  • Av. Coruña, 2

Estación de ferrocarril:

  • Av. Ferrol, S/N